22/09/09

BENVIDA Á NOVA BIBLIOTECA !!

Parece que foi onte cando marchamos de vacacións e xa estamos de volta cun novo curso só para nós: para estudar, compartir, ter novas experiencias .....e entre elas está disfrutar e aproveitar os recursos da nosa biblioteca : se a visitades , comprobaredes que se están a crear novos espazos dentro da mesma: un recuncho para o visionado de películas, coas súas butacas vermellas, e con auriculares para non molestar a ninguén, a zona de informática que conta con dous ordenadores máis, un proxector de imaxes ....e aínda haberá algunha novidade máis. Todo isto levouse a cabo grazas ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), un programa da Xunta no que estamos inscritos hai dous anos e que levamos adiante unha serie de profesores axudados en ocasións por alumnos e alumnas do centro.
Neste comezo do curso dámoslles unha especial BENVIDA aos rapaces e rapazas de 1º da ESO, que chegan ao noso instituto por primeira vez : xa sabedes, entrando polo corredor da planta baixa, á esquerda, espéranvos miles de oportunidades de conectar con mundos distintos (e non só por internet) : atoparedes aventuras, monstruos, piratas, namorados/as, meigas, fadas e os vosos personaxes favoritos de cómic. Hai un libro, película, CD-ROM esperando por ti. Non deixes pasar a oportunidade de pasar un bo tempo de lecer. Os libros non se len só por obriga : lense tamén por pracer: que o saibades descubrir.
Benvida a todos !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario