10/12/08

60º ANIVERSARIO DE LA D.U.D.H. POLA O.N.U.

Tal día coma hoxe en 1948, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Os antecedentes mais próximos no tempo, foron a Carta Magna da Inglaterra medieval, a Declaración de Independencia Norteamericana, e a Declaración de Dereitos do Home en 1789 durante a Revolución Francesa, texto que ilustra este comentario.
Na historia da humanidade, sempre se loitou polo establececemento escrito das leis,que regulaban as relacións entre os poderosos e o pobo chan, e entre os cidadáns mesmos, cando se tivo conciencia disto. A realidade, coma sempre, é túzara , e o nivel de cumprimento de ditos dereitos é calamitoso en moitísimas partes do planeta. Informes de organizacións como Amnistía Internacional dannos a alerta sobre situacións arrepiantes de xenocidios, prostitución infantil, terrorismo, explotación laboral e un longo etcétera. Tamén no chamado primeiro mundo abondan casos desta índole. Tócalles aos gobernantes, aos poderes públicos, evidentemente , arranxar este cumio de inxustizas, pero todos, no noso traballo, no noso posto, podemos facer mais do que en principio podemos pensar. Non esquezamos aquelas palabras que Hemingway

utilizou na introdución dunha das súas mais coñecidas novelas: non somos illas, somos continentes....por iso...non preguntes por quen dobran as campás: dobran por tí.
Que o saibamos entender a tempo.